"Aquí Radio Kaos, a emisora universitaria e libre que okupa o 96.3 da FM en estéreo supersónico".
Desta forma indicabamos ao persoal que demos andaban a sintonizar, cando as emisións de Divertimento para Pequenos Monstros na emisora do campus de Serantes-Ferrol, naqueles 2000.
O programa que hoxe vos oferecemos debeu ser emitido na grella 1999/2000.
Este Divertimento ábrese cun par de textos do Pequeno Monstro (Poema Bomba e Aquela Casiña), segue cun poema do ferrolán Santi Ribera e finda, na súa primeira metada adicada aos textos, con Rosa de Sanatorio de Don Ramón María del Valle-Inclán, surreal poema enunciado nas noites de finais dos oitenta, por José Luis Moreno-Ruíz no seu memorábel programa (do mesmo nome) en Radio 3.
Na segunda parte do programa falamos con todo un personaxe daquelas noites ferrolás dos noventa: Raúl "El Ilegal". Daquela, Raúl tiña un local de copas na Rúa do Sol de Ferrol, facía debuxos e .... Bon, escoiten o programa.
Lembro a perfección a tarde en que entramos pola porta da Escola U. Politécnica de Serantes, dende donde emitía Radio Kaos, o Raúl e mais eu. O Raúl apareceu cun enorme teclado Farcisa TK61. Aínda o estou a ver, levaba unha gafas de rallar, tan delgado el con ese teclado que case o duplicaba en tamaño e peso, atravesando a porta da Politécnica camiño do estudio, ante a mirada atónita dos estudantes.
Na conversa con Raul, acompáñanos Suso Suciedad, sombra de Divertimento naquela etapa.
Daqueles anos e daquelas ondas, lembramos estes programas: O que nós sabemos e vostedes non (Santi Bergantiños e compaña), Shock (Bárbara Calavera Zalamera), Ábrete de Orellas e Chicas Católicas (Pepe Luis Cunha), Disidente (Iván), O Lucecú (Ana Santiago), Galiza Solidaria (Cebral), Café Jazz (Manuel Lorenzo), Manchita Cosa (Suso Suciedad e Paulopablo), Autopista 61, El Taller del Duende, Con Alma de B-Boy, Sinfonías Metálicas, A letra "A" e Expresión Directa (Xabi e Iván), Divertimento para pequenos monstros, e mesmo Textículos by me (Pequeno Monstro, Ana Lucecú e Suso Suciedad), nun asalto radiofónico perpretado a man armada de poemas.
Ti mesm@ podes completar esta lembranza á Radio Kaos comentando esta entradaao pe.A próxima semana o Pequeno monstro, desvelara quen e como se cargou Radio Kaos.Entre tanto, para lembranza de tod@s, rescatamos do arquivo unha imaxe da grella do vrao do 2000, daquela sorprendente emisora.Un documento valorado agora mesmo en 20.000€ . Ao principio nesta entrada atoparala, fai clic nela para ampliala, pero nada de tocar.
Ficades co audio bomba.
Descargar o arquivo
Published by O Pequeno Monstro under
Novas
on Sexta-feira, Dezembro 11, 2009
O Congreso español debate actualmente o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Existe un anteproxecto e actualmente os diferentes grupos parlamentarios presentaron as súas correspondentes emendas para terminar de dar forma ao que será a Lei que rexerá no futuro as comunicacións no Estado español.
A devandita Lei non contenta aos medios comunitarios, que tamén presentan as súas emendas á Lei.
Gorka Andraka, de Tas Tas Irratia, en Bilbao, entrevista sobre este asunto a Mikel Estarrona, integrante da propia Tas Tas Irratia, e tamén da comisión de Lexislación e Dereito á Comunicación da Rede de Medios Comunitarios (ReMC), quen analiza o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual e estima que o proxecto do Goberno español cercena o Dereito á Comunicación.
Rádio Filispim forma parte da Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC), dende novembro de 2009.
Audio tirado de Más Voces : www.masvoces.orgVideo: campaña "10-D, polo dereito a comunicar", da ReMC.
No vrao do ano 2000,Divertimento para pequenos monstros realizou no estudio da desaparecida en combate (consigo mesmo), Radio Kaos de Ferrol, unha serie de programas especiais intitulados Textículos by me.
A cuestión foi como segue: unha fermosa praia, unha caseta de socorro, a megafonía e tres socorristas: Ana Lucecú, Suso Suciedad e André Pequeno Monstro. Un cenario imaxinario de diálogos inocentes e melancólicos.
A última parte do programa que vos oferecemos, sintetiza o espírito daquelas edicións: experimentación sen límites, ao interpretar un texto mimimalista durante case vinte minutos alterando as voces dende a mesa de control de son, co fundo musical da peza Koyaanisqatsi do neoiorquino Philip Glass, a soar pola megafonía da caseta de socorro daquela praia inventada.
O texto en cuestión, Son Persoa, comeza inocente, mais co paso dos minutos e embuido nas notas musicais de Glass, convértese nun mantra surreal que nos leva ao éxtase final coa peza La Estatua del Jardín Botánico de Radio Futura.
Estudio: Radio Kaos. Serantes-Ferrol. Xullo de 2000.
Intepretación, voces e ideas: Ana Lucecú, Suso Suciedad e André Divertimento.
Selección musical: Pequeno Monstro.
Guión e textos: Pequeno Monstro.
Ficades na praia, co audio. Coidado coas ondas.
Descargar o arquivo
Un oito de xuño de 2001 visitaron Divertimento dous ilustres pequenos monstros de Ferrol: Suso Suciedad e Paco Pestes García.
Para nos situar, tomabamos as copas no Dada Circus, na defenestrada Radio Kaos retumbaban programas coma "Expresión Directa", "O que nós sabemos e vostede non" ou mesmo "Manchita Cosa" (si, antes de ser o local supervivinte da Madalena ferrolá foi un programa de radio).
Paco Pestes foi o responsábel de que o Pequeno Monstro se lease cunha rapaza chamada Radio, cando este e outros alucinados dos primeiros oitenta (Pedro "Maltrana", Luz...) realizaban en Radio Fene o Cuasimodo. Un día, Santi presentoume ao Paco nunha casa usurpada en Recimil. Anos despois, cos auspicios espirituais de Suciedad, este vería editado o seu máis afamado libro de poemas: "El último cigarrito de los nuevos sofistas callejeros".
Daquela, Suso Suciedad apresentoume a Antonin Artaud e a saga dos Panero (La Transmigración de la Locura). A banda sonora a tanto verbo púñaa un tal Corcobado, advertíndonos de que son as mulleres as que andan a pór coches bomba por haí. Ademáis, Suciedad, cando nadie nos veía me pasaba os seus poemas aterrados en fanzines malditos (Nada es Verdad), que antes escribiu en trozos de papel do wc para ler, xunto ao meu irmán Paulopaulo, naquel precipicio radiofónico de Serantes punto e principio de tantas cousas.
Nesta edición antediluviana de Divertimento para pequenos monstros,Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, interrogan e fan tremar a estes dous de Ferrol. O programa remata en conexión cunha Lupe Ces dez anos máis nova, na Praza do Desarme de Ferrol nun acto da Marcha Mundial das Mulleres a pról do pobo palestiniano.
Friqui non é un conceito tan moderno, vén daquela. Ficades co audio.
Descargar o arquivo
Published by O Pequeno Monstro under
Novas
on Quinta-feira, Novembro 26, 2009
Audiolivre pretende ser un arquivo de audios con licencias libres. Os principios que rexirán a selección de contidos seráno anticapitalismo, o antiracismo, o antisexismo, o antimilitarismo, a defensa do medio, o idioma galego e o coñecemento libre.
Audiolivre preséntase en forma de podcast, no que se poden escoitar os audios na rede, ou baixalos cadaquén ao seu computador. A páxina permite facer búsquedas, ou escoller temas da nube de etiquetas. Todos os arquivos de audiolivre están aloxados en archive.org.
Calquera persoa pode rexistrase e subir audios que considere interesantes sempre que respecten os principios enumerados anteriormente. Se queres colaborar no proxecto, facer algún comentarios ou suxerencia, ou simplemente tes un audio e non queres pasar o chollo de subilo podes contactar con nós a través do correo electrónico: audiolivre@arkipelagos.net
Estou sentadona beira dun río azulh, sen zapatos.
Os meus pés son acariñados pola corrente e fáime cóxegas.
Vexo salmóns, troitas e sinto como pasan entre as miñas pernas a toda velocidade, coma xogando entre os meus pés descalzos.
Miro cara adiante e unha fermosa carballeira é difuminada por unha fonda néboa.
Creo ter visto animaliños correteando.
Algúns pasan moi perto de min.
Paran ao chegar.
Ao pouco disimulan, como si nada.
Collen algunha bellota, algún outro froito do verde chao e voltan a toda velocidade cara ao frondoso bosque.
Ule ben, a verde.
No meu narís pousa unha bolboreta azulh.
Fáime cóxegas.
Penso que vou esbirrar.
Mais, antes de que poida despréndese, fica leve a altura da miña faciana, sorrime a váise despacio voando lenta.
Desaparece, desprendida.
Estou sentado na beira dun río azulh, sen zapatos.A min dame igual, porque me gosta...
Extracto de Sono azulh.
Pequeno Monstro.
Divertimento para pequeno monstros. Edición do 13 de outubro de 2000 emitida por Radio Fene.
Locución e ideias: Ana Santiago (Lucecú) e Pequeno Monstro.
Selección musical: Pequeno Monstro.
Textos: Pequeno Monstro.
Descargar o programa
Norma Helena Gadea: Lo esencial... [Nicaragua]
-
*Norma Helena Gadea es una cantante nicaragüense nacida en Ocotal.
Interpreta música de autores nicaragüenses y de otros países de América
Latina. En s...
Dave Holland Big Band "What Goes Around" 2002
-
Desde solo, pasando por duos,trios,cuartetos,quintetos,etc... Hasta llegar a
una Big Band
Nada le queda grande a Mr. Holland. En este proyecto se sumaron ...
Komunikando #10
-
[image:
http://2.bp.blogspot.com/_TqcnlBY9ewI/Ss2hkEK-umI/AAAAAAAADLk/G6b5y06c4_4/s1600/komunikando.jpg]
*
Neste Komunikando #10 do 15 de Dezembro de 2009...
Tangerine Dream - Exit
-
And another album I wanted to post a long time.
TD's Exit from 1981 is another milestone from the great trio Froese, Franke,
Schmoelling. In my humble opini...
Jammin’ Resaca e cinema This is spinal tap
-
DOMINGO 20 DECEMBRO ás 18.30 horas sesión aberta de música improvisada
Jammin’ Resaca Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante
imprevistos ...
Opinión | Bolivia: Todas las encuestas apuntan a Evo
-
Todas las encuestas que realizan las empresas privadas, los partidos
políticos y la misma embajada norteamericana, aseguran que las elecciones
generales d...
Exposición "Papeis" de Luis Rapela
-
Do 10 de decembro ao 12 de xaneiro de 2010, na segunda planta do *Ateneo
Ferrolán*, o artista ferrolá, *Luis Rapela*, expón *"Papeis"*.
A *inauguración*, ...
Avoinha, avoinha… que dentes tam longos tês!
-
No mitim onde se apresentou a futura Lei de Economia Sostível, Zapatero
reiterava mais umha vez, que o PP “nom tem projecto para Espanha”. Quem
convenceu à...